Presentámosvos o logo do noso
proxecto.
O noso logo está inspirado nun círculo rodeado por unha lacería que forma unha cruz. Está inspirado nalgunhas cruces en pedra que decoran os tímpanos das portadas e os pinchos dos tellados de moitas igrexas medievais de Galicia.
O noso logo está inspirado nun círculo rodeado por unha lacería que forma unha cruz. Está inspirado nalgunhas cruces en pedra que decoran os tímpanos das portadas e os pinchos dos tellados de moitas igrexas medievais de Galicia.
Castelao prestou atención a estas cruces no seu estudo “As cruces
de pedra na Galiza” e na primeira edición desta obra, en Bos
Aires, aparecía campando na capa do libro. Así que para nós, este
logo representa o motivo do noso traballo, ao relacionar as cruces de pedra, o patrimonio e a obra de Daniel R. Castelao..
Ademais, os motivos entrelazados foron moi
empregados polos monxes irlandeses para decorar as súas ardchros
("cruces altas") dos seus mosteiros e tamén nos deseños cos que
ilustraban os seus evanxeos, aínda que estes deseños eran
empregados de moito antes, xa dende a Idade do Ferro, e tamén nos
castros galaicos. No século XIX, os entrelazos foron outra vez
popularizados polo movemento cultural pancéltico, que defendía a
identidade cultural das nacións celtas da Europa atlántica, do que
moitos intelectuais de Galicia (coma o mesmo Castelao) quixeron
formar parte. O noso logo tamén quere usar o entrelazo como
lembranza dunha identidade cultural común entre as
fisterra/finistères atlánticos.
Ademais, os entrelazos aluden tamén á
idea do cruce dos camiños, do punto de encontro que foron e son os
cruceiros de Galicia e de Bretaña. Tamén representan un nó
infinito, que simboliza todo o que nos vencella, o que nos une como
pobos, e que queremos compartir con todos vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario