Parroquia: Coiro.
Lugar: A Rozada / Boubeta.
Rúa ou camiño: Na encrucillada entre a Rúa ou camiño da Rosada e a Rúa da Raposa.
Basamento: Ten un só chanzo. Máis que un basamento, é un poio adosado ao muro dunha finca.
Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular, cunha cartela na fronte en rebaixe, e dentro unha inscripción coa data do cruceiro que di: AÑO / DE 1894.
Varal: Ten sección octogonal, liso e sen figuras. Na parte superior, antes do capitel, ten unha banda decorada con feixes nas caras do fuste e follas nas esquinas, moi xeométricas.
Capitel: Separado do varal por un colar, ten un capitel de orde preudocorintia ou composta, con volutas nas esquinas e palmetas nos frontais.
Cruz: Ten os brazos de sección cadrada. No anverso hai unha figura de Cristo crucificado, ben proporcionado e de feitura realista, cos brazos extendidos en forma de V e un pano de pureza anoado á esquerda, moi naturalista. O Cristo está policromado. Sobre a cabeza hai unha cartela enrolada en vertical coa inscripción INRI.
Estado de conservación: Bo.
Outras informacións: Sobre o pedestal hai unha caixa metálica con tapa de vidro para poñer candeas. Case sempre hai velas acesas. Tamén hai potes onde a xente adoita a poñer flores, así como para adornar o fuste.
Detrás do cruceiro, á dereita, e pegado ao muro da finca, hai unha placa conmemorativa do centenario do cruceiro.
Información recollida por:
Alexandre C. de C. (2º ESO B).
Ningún comentario:
Publicar un comentario