Nome: Cruceiro das Andes.
Cruceiro de Altamira, Cruceiro da Rúa San Xosé.
Parroquia: Santiago de Cangas.
Lugar: As Andes / Altamira
Rúa ou camiño: Rúa San Xosé, esquina coa avenida de Lugo 24.
Está nunha encrucillada, e no límite das parroquias de Coiro, Cangas e Darbo.
Basamento: De planta cadrada e un so chanzo.
Pedestal: En forma de prisma cadrado na base e trapezoidal na parte superior. Hai unhas letras ou números en relevo pero a inscripción está cortada e resulta ilexible.
Varal: Non ten basa. Ten sección octogonal, e carada nosextremos.Mide uns tres metros de altura.
Capitel: Dórico, moi simple, formado por dúas molduras cadradas superpostas, sen decoración ningunha.
Cruz: Ten sección redonda. No pau longo hai gromos ou nós ou broullas. No anverso aparece Xesucristo crucificado, con coroa de espiñas, e a cabeza mirando cara abaixo. A talla é moi realista. Sobre a figura hai un cartel coa inscripción INRI. No reverso da cruz non hai figuras. Tanto a cruz coma o Cristo están policromados.
Outros elementos: Hai unha especie de floreiro de azulexo adosado ao varal, onde a xente adoita poñer flores. Na base hai un candado que serve para suxeitar un farol onde poñer candeas.
Conservación: Bo. Non ten problemas de conservación.
Datos sobre o cruceiro: Dise que data de comezos do século XX. Antigamente non estaba neste emprazamento, senón uns metros máis ao leste. O pedestal está erosionado e parece máis antigo que o resto do cruceiro.
Información recollida por:
Maitane G. P. (2º ESO B)
Laura R. B. (2º ESO C)
Ilana L. M. (2º ESO C)
Ningún comentario:
Publicar un comentario