Parroquia: Coiro.
Lugar: Laxielas
Rúa ou camiño: Na encrucillada entre a Rúa da Boubeta e a Rúa da Cruxeira
Basamento: Ten un só chanzo e de forma irregular. Máis que un basamento, é un poio adosado ao valo dunha finca.
Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular, cos cantos superiores biselados. Na parte frontal ten unha inscripción na que se pode ler:
Capitel: É de orde pseudo-dórica, formado por un prisma cadrado e liso, e sobre el un tronco de pirámide invertido, tamén liso e sen decoración.
Cruz: Ten os brazos de sección octogonal, cos remates cadrados. No anverso hai unha figura de Cristo crucificado, ben proporcionado, fundido en metal (bronce) e de feitura industrial, que parece un engadido posterior. Sobre a cabeza hai unha cartela enrolada tamén en bronce coa inscripción INRI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario