Nome: Calvario tras da Igrexa de Coiro
Parroquia: Coiro.
Lugar: Igrexairo
Rúa ou camiño: Rúa do Cruceiro nº 2
Basamento: Non ten. As tres cruces están sobre un parterre recercado en pedra, e protexidas por unha sebe.
Pedestal: Non ten. As cruces saen directamente do chan.
Varal: Son tres cruces que representan a escea do Gólgota. A cruz do centro ten o varal de sección octogonal, liso e sen decoración, e de arredor de dous metros de altura. As dúas cruces a cada beira son lixeiramente máis baixas e teñen sección redonda, tamén lisos e sen decoración.
Capitel: A cruz central ten un capitel de orde xónica, con volutas nos cantos, e na cara frontal unha especie de coroa no centro. As cruces laterais teñen capiteis dóricos, moi sinxelos. Os capiteis están separados do fuste por un colarete amplo e unha moldura.
Cruz: As cruces teñen os brazos de sección cadrada, e non teñen figuras. As cruces laterais teñen o traveseiro inclinado, mentres que a do centro é horizontal.
Estado de conservación: Bo.
Outras informacións: Este calvario foi restaurado no ano 2014 pola Escola de Canteiros de Poio. No ano 2011 a unha das cruces faltáballe o remate e no 2013 un dos varais estaba caido no chan. Hoxe as cruces están separadas da estrada por unha sebe.
Información recollida por:
Alexandre C. de C. (2º ESO B).
Ningún comentario:
Publicar un comentario