Cruceiro da Virxe.
Parroquia: Coiro.
Lugar: A Graña.
Rúa ou camiño: Rúa da Graña 73
Basamento: Ten un só chanzo, de planta cadrada.
Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular. Na cada frontal hai unha inscripción que di:
A cara frontal do fuste está decorado con relevos dos instrumentos da paixon de Xesucristo. De abaixo a arriba, na base (cadrada) hai un gran cáliz ou Grial. Despois unha columna cun azoute enrolado arredor, en alusión á flaxelación de Cristo. Sobre esta, en paralelo, a lanza de Longinos e a vara coa esponxa de vinagre. Enriba hai cruzados un martelo e uns tenaces aludindo ao cravamento e ao desencravo na cruz.
Capitel: O capitel é un bloco prismático simple, separado do fuste por un colariño en forma de moldura cilíndrica. Na parte frontal seguen en relevo os instrumentos da paixon, de esquerda a dereita, a cartela co INRI, a coroa de espiñas e os tres cravos. As outras caras están lisas.
Cruz: Ten os brazos de sección cadrada, lisa e sen adornos. Do traveseiro colga, en cada brazo, un suario ou un pano de pureza.
Diante da cruz, e pousada no amplo capitel, hai unha imaxe da Virxe da Piedade. Sostén no colo o Corpo de Xesucristo, coa cabeza cara a esquerda. Leva a cabeza cuberta co manto, e sobre o peito hai un corazón atravesado por sete espadas, en alusión ás sete dores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario