Parroquia: Coiro.
Lugar: Espírito Santo
Rúa ou camiño: Rúa da Pereiriña 11
Basamento: De planta cadrada e de dous chanzos.
Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular. Na cada frontal hai unha cartela cunha inscripción en altorrelevo coa data, que di:
Capitel: O capitel ten forma de tronco de pirámide invertido, e está figurado polas catro caras con rostros de anxos sobre as alas abertas.
Diante da cruz hai un Cristo ben proporcionado, co rostro inclinado á esquerda, o cabelo longo e os brazos paralelos á cruz. Sobre a súa cabeza campa a cartela co INRI.
No reverso, hai unha figura da Virxe do Carme, coa cabeza coroada, sostendo un escapulario na man dereita e levando un neno Xesús bastante desproporcionado no brazo esquerdo.
Estado de conservación: Bo.Outras informacións: Segundo o propietario da casa na que está o cruceiro, mandárono facer a un canteiro de Pontevedra.
Información recollida por:
Alexandre C. de C. (2º ESO B).
Ningún comentario:
Publicar un comentario