Parroquia: Aldán.
Lugar: San Cibrán.
Rúa ou camiño: Rúa Bispo Cerviño.
Está dentro do Cemiterio parroquial de Aldán.
Basamento: Ten un só chanzo, de planta octogonal.
Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular, bastante alto, rematado arriba e abaixo por molduras. Non ten inscripción nin decoración.
Capitel: O capitel é de orde dórica, e de forma cadrada, Está separado do fuste por un colarete amplo de sección cadrada.
Cruz: É unha cruz grega patada (cos extremos máis anchos que o centro), elevada sobre o capitel con un pé de sección cuadrangular. Non ten figuras.
Estado de conservación: Bo.
Outras informacións: O cemiterio de Aldán construiuse entre os anos 1894 e 1904, no que se remataroon as obras e pasou a depender co Concello de Cangas.
Diante do cruceiro, separado un par de pasos, hai un pousadoiro para pousar o cadaleito e rezarlle o responso ao defunto antes do enterro.
Información recollida por:
Alexandre C. de C. (2º ESO B).
Ningún comentario:
Publicar un comentario