Parroquia: Aldán
Lugar: Menduiña- Os Carballiños.
Rúa ou camiño: Rúa de San Amaro.
Está no adro da ermida de San Amaro.
Basamento: Non ten. Esá instalado sobre unha rocha que aflora no chan.
Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular, moi baixo, case a rentes do chan.
Varal: Ten unha basa formada por un prisma simpre cos cantos superiores biselados. O fuste mide arredor de 1'5 metros e ten forma de tronco de pirámide, de sección rectangular, mais ancho por abaixo que por arriba,. . Na parte frontal e na posterior está esculpido en relevo unha pilastra moi simple. Na parte inferior, na base da pilastra, hai unha inscripción coa data da cruz:
AÑO
1981
Ningún comentario:
Publicar un comentario