Parroquia: Aldán.
Lugar: O Outeiro / Menduíña.
Rúa ou camiño: Rúa do Outeiro de Menduíña.
Está no alto do Outeiro de Menduiña, nun espazo axardinado detrás dunha casa.
Basamento: Ten planta cadrada e tres chanzos.
Pedestal: Non ten. O derradeiro chanzo fai as veces de pedestal.
Na parte posterior ten unha placa de bronce que di:
Varal: Ten sección cadrada na súa base, e vira a media altura a sección octogonal. É liso e non ten decoración nin figuras.
Capitel: De orde corintia ou composta, con tres ringleiras de follas, e volutas ou caulículos nas esquinas.
Cruz: Ten os brazos de sección cadrada, sen adornos nos remates.No anverso hai unha figura de Cristo crucificado, de membros algo desproporcionados, cos brazos paralelos aos brazos da cruz e a cabeza inclinada á esquerda. Non ten cartela.
No reverso hai unha imaxe da Virxe das Angustias, sobre un pequeno pedetal, coa cabeza cuberta co manto e as mans en actitude orante.
Estado de conservación: Bo.
Outras informacións: Este cruceiro pertenceu a Manuel Jesús García Garrido, que foi reitor da Universidade de Compostela entre 1968 e 1972, e estivo uns 50 anos no xardín da súa casa na praia de Menduíña. En 2014 foi doado polo propietario e colocado mirando ao mar no Miradoiro do Outeiro, que fora acondicionado e axardinado no 2010.
Nos penedos arredor do cruceiro hai varias placas conmemorativas.
Información recollida por:
Alexandre C. de C. (2º ESO B).
Ningún comentario:
Publicar un comentario