As guías do Museo amosáronos as sás adicadas a Castelao, onde puidemos admirar os grandes cadros de cegos que fixo para o balneario de Mondariz, e outras pinturas de paisaxes.
Tamén vimos os debuxos orixinais do album "Nós" e dos seus álbumes de guerra, e os cartaces que deseñou para o referendo do Estatuto de autonomía de Galicia. Había ademais das súas obras algúns obxectos persoais, como a súa caixa de pinturas, os seus trebellos para facer gravados, e mesmo as súas famosas lentes redondas.
Nunha vitrina tamén puidemos ver algúns dos debuxos que fixo durante a súa estadía na Bretaña en 1928, e que formaban parte do seu "caderno de viaxe". Tamén estaban algúns dos debuxos cos que ilustrou o seu estudo sobre as cruces de pedra na Galiza, xunto con outros deseños e gravados. Esperamos axiña poder seguir os seus pasos.
Moitas grazas ao Museu de Pontevedra pola súa acollida e por explicarnos tantas cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario