Parroquia: Santiago de Cangas
Lugar: As Pontes.
Rúa ou camiño: Avenida de Ourense 2 (cruce con Rúa Félix Ozamiz).
Está no límite das parroquias de Cangas e Coiro, nun parterre a carón da rúa, e moi perto da Praza das Pontes.
Basamento: Ten pranta cadrada e tres chanzos.
Pedestal: Ten forma de prisma, cun bisel no canto superior. No lado dereito ten unha fornela cunha cruz en relevo na parte superior, onde a xente deixa candeas. Na parte de diante hai unha inscripción que pon: AÑO 1721, e sobre ela unha pequena cruz.
Varal: Non ten basa. O varal ten sección octogonal, e non ten adornos nin figuras.
Capitel: É de orde xónica, con volutas nos cantos. Na parte inferior, separándoo do varal, ten unha moldura en forma de colar. No centro de cada cara hai a cabeza dun anxo, agás na cara de adiante (onde está o Cristo), que ten unha caveira.
A cruz é de sección cadrada, sen adornos. Na cara de adiante aparece xesucristo morto, cos ollos pechados e a cabeza inclinada á esquerda. No alto da cruz hai un cartel coa inscripción INRI.
No reverso da cruz hai unha Virxe, cun manto sobre a cabeza, en actitude de rezar coas mans xuntas. Aos seus pés hai a cabeza dun anxo.
Conservación: O seu estado é bo, non ten problemas de conservación. A carón hai varios contenedores de lixo, e o parterre ás veces non está moi ben coidado.
Datos sobre o cruceiro: O cruceiro non está exactamente no mesmo lugar onde se levantou. Antes estaba no medio do camiño, pero foi trasladado ao borde da rúa cando se fixo a estrada.
Antigamente, neste lugar había unha ponte que cruzzaba o río Bouzós, que servía de límite entre as parroquias de Cangas e Coiro. Hoxe o río e a ponte están soterrados baixo a rúa.
Moita xente ofrece velas e candeas no pé do cruceiro en lembranza dos afogados ou desaparecidos no mar, que está moi perto.
O nome do cruceiro procede posiblemente de "aceña" (represa que se fai nun río), por pasar por aquí o río Bouzós, onde había antigamente aceas ou muiños de auga. Ao pronunciar "aseñal" con seseo, o nome confundiuse co castelán "señal" e mesmo foi retraducido ao galego como "sinal". Outros din que se chama así porque servía para sinalar o límite da parroquia.
Información recollida por:
Marcos R. L. (2º ESO C)
Ilana L. M. (2º ESO C)
Ningún comentario:
Publicar un comentario