05 febreiro 2024

Cruceiro de Síngulis

Nome: Cruceiro de Síngulis. Cruceiro da Virxe do Amparo. 

Parroquia: Santiago de Cangas

Lugar: Barrio do Costal

Rúa ou camiño: Praza de Síngulis

Está no medio dunha pequena praciña en costa. Está rodeado de casas mariñeiras de patín e dos restos do Pazo de Síngulis. Está no límite entre as parroquias de Santiago de Cangas e Santa María de Darbo. 

Basamento: Ten pranta octogonal, e ten catro chanzos, o primeiro máis tosco e os outros máis labrados. 

Pedestal: Ten forma de prisma, coas arestas superiores biseladas. 

Varal: Ten sección cadrada na base, e logo octogonal. Non ten adornos nin figuras. 

Capitel: É de orde corintia, con motivos vexetais. Na cara de adiante e na de atrás, no centro do capitel, hai cabezas de anxo. Nas outras dúas cars, nos lados, hai cunchiñas de vieira. 


Cruz: Ten sección octogonal, cos remates cadrados. Na parte de adiante hai unha figura de Xesucristo coas mans e os ollos pechados e o rostro virado cara a esquerda. Sobre a cabeza ten un cartel onde poñería INRI. Na parte de atrás hai unha imaxe da Virxe, co manto sobre a cabeza e as mans cruzadas sobre o peito. Leva un cinturón (cíngulo) cinguindo a súa roupa. Ten os pés  sobre a cabeza dun anxo con alas. 

Outros elementos: Pódense ver restos de policromía. Está rodeado por unha reixa de ferro. Frecuentemente a xente deixa no cruceiro candeas e flores. 

Conservación: Está ben conservado. Foi restaurado hai poucos anos. A carón hai un panel con información sobre o cruceiro e a praza. A praza está moi abandonada e as casas antigas que rodean o cruceiro están medio arruinadas. 

Datos sobre o cruceiro: Non se sabe a data en que foi feito. Puido ser feito entre os séculos XVII e XVIII. 

Na praza de Síngulis comezaba o Camiño Vello que ía dende o barrio do Costal en Cangas ata a Igrexa de Darbo, pasando por San Roque. 

Seica na praza de Síngulis tiñan lugar os castigos dos condenados pola Inquisición. 

Datos recollidos por: 

Inés C. R. (2º ESO B)
Nerea B. C. (2º ESO C)

Ningún comentario:

Publicar un comentario