O luns 27 de maio, ben cediño, saímos en coche de liña dende o IES de Rodeira cara o aeroporto Sá Carneiro de Porto, en Portugal. Moitos nervos despois de todo un ano traballando e agardando para facer esta viaxe.
Sen retrasos e sen atrancos, montamos no avión que nos había de levar a terras bretoas. Para algúns dos nosos aventureiros viaxeiros era a primeira vez que montaban nun aparello destes, así que os nervos continuaron.
Despois dunha hora e media de vó, albiscamos dende a xanela as terras bretoas. Xustiño pola praia de Tronoën, onde está un dos "Calvaires" máis antigos de Bretaña, e a punta de Penmarc'h. Nesas dunas foron fusilados polos nazis, en 1944, 35 resistentes bretóns, entre os que había republicanos españois exilados en Francia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario