A primeira hora da mañá collimos o coche de liña xunto cos correspondentes bretóns para ir a Quimper, (Kemper), a capital do departamento de Finistère. Como chegamos un pouco cedo, aproveitamos para recorrer as rúas da cidade vella, e o profesor francés que nos acompañaba deunos algunhas explicacións sobre a historia da vila.
Para rematar o paseo visitamos a catedral de Quimper, unha xoia gótica que ten a peculiaridade de que a súa nave central cambia de dirección na metade da igrexa.
Despois da catedral fumos ao Museo Departamental Bretón, onde tiñamos concertada unha visita para aprender cousas sobre os modos de vida tradicionais bretóns. O museo preparounos unha "busca do tesouro" na que tiñan que ir pescudando datos polas sás do mueso, e os alumnos formaron equipos mesturandose cos seus correspondentes.Ao sair do Museo, e despois de comer algo, volvimos coller o autocar ata a vila de Concarneau (Konk-Kerne). Alí tivemos tempo libre pasa pasear pola "Ville Close", percorrer as súas murallas, tomar algún refresco ou facer compras nas súas moitas tendas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario