20 marzo 2024

Escolma de cadernos de 2º de ESO C

 E para rematar coa nosa escolma de cadernos, presentámosvos os máis salentabeis de 2º de ESO C. Había moitos máis, e todos eles merecerían estar aquí, pero había que escoller. 

Velaquí o moi curioso caderno de Noelia.

Ilana fixo tamén un caderno ben bonito. Aí o tedes. 

O caderno de Celia, non se pode pedir máis. 


Laura fixo un caderno ben xeitosiño tamén. 


E este é o traballo de Itzíar, unha pequena obra de arte. 


Continuaremos os cadernos en Bretaña!



19 marzo 2024

Escolma de cadernos de 2º de ESO B

Seguindo coa nosa exposición dos cadernos de viaxe dos alumnos, eis unha escolma dos mellores traballos de 2º de ESO B. Un gran traballo!

Eis o caderno de Inés, moi estético e elegante. 


Este é o traballo de Sergio, moi aquelado tamén. 


E aquí vai o fermoso caderno de Carla. 


Moitos parabéns polo voso esforzo!

18 marzo 2024

Escolma de cadernos de 2º de ESO A

Algúns traballaron máis, outros traballaron menos, pero como en toda viaxe, o importante é o camiño. Eis unha escolma dos mellores traballos dos alumnos de 2º de ESO A. Parabéns, rapaces e rapazas, pola vosa implicación nesta tarefa. 

Este é o fantástico caderno de Alía. 

 

Este é o moi bonito traballo de Aitana. 


Aqui vai o caderno de Fabiola, moi lindo e feitiño. 


E aquí tedes o caderno de Sara, a artista do grupo. 


E faltounos por filmar o caderno de Elena, que era estupendo!

Un gran aplauso para estas grandes alumnas!





12 marzo 2024

Un caderno de viaxe.

Unha páxina do caderno de viaxe de Castelao a Francia, Alemaña e Bélxica en 1921. 

Un caderno de viaxe é un diario no que escribir e deseñar experiencias, pensamentos, lembranzas e curiosidades vividas durante unha viaxe. Pero non só se pode facer un caderno viaxando: podemos facelo sen alonxarnos da nosa casa, arredor dun tema ou un asunto que nos interesa. Hai moitas formas de facelo. O máis doado é escribir. Podes contar o que che pasou, o que fixeches, o que pensas, o que sintes... e xogar coa caligrafía e o tamaño da letra pare crear. Outra cousa que se pode facer é debuxar. Antigamente, cando non habia fotografías, un caderno era o único que tiñan os artistas para levarse unha lembranza de algo que visitaron, ou facer planos e mapas dunha ruta que fixemos, garabatos, caricaturas... E tamén se pode usar o caderno coma un álbum para pegar cousas, calquera cousa que nos traia unha lembranza de algo que nos pasou: un billete de tren, unha etiqueta, a folla dunha árbore, unha fotografía, un recorte de prensa, un prospecto publicitario, unha entrada a un museu, unha tarxeta de visita... Todo serve para facer do caderno un obxecto fermoso. 

                       

Castelao era un gran debuxante tamén de cadernos. En 1921 fixo unha viaxe por toda Europa para visitar museus e coñecer de primeira man a arte de cada país, e escribiu un diario cheo de debuxos e anotacións coas ideas que se lle pasaban pola cabeza. Logo en 1928, cando viaxou a Bretaña, levou tamén un diario no que deseñaba non só as cruces e “calvaires” que visitaba, senón retatos de personaxes bretóns que lle chamaron a atención. Castelao levaba case sempre cadernos e lapis, e fixo centos de debuxos que logo se converteron en pinturas e ilustracións. 

Nós imos facer un caderno que serva para recoller todo o que aprendemos durante o noso proxecto, sobre os cruceiros, sobre Castelao, a súa obra e o Patrimonio da nosa vila. E quizais algúns destes cadernos poidan converterse nun verdadeiro "carnet de voyage" cando viaxemos a Bretaña. 

11 marzo 2024

Cruceiro do miradoiro do Outeiro

Nome: Cruceiro do miradoiro do Outeiro

Parroquia: Aldán. 

Lugar: O Outeiro / Menduíña.

Rúa ou camiño: Rúa do Outeiro de Menduíña. 

Está no alto do Outeiro de Menduiña, nun espazo axardinado detrás dunha casa. 

Basamento: Ten planta cadrada e tres chanzos. 

Pedestal: Non ten. O derradeiro chanzo fai as veces de pedestal. 

Na parte posterior ten unha placa de bronce que di: 

CRUCEIRO DONADO POR
MANUEL J. GARCÍA GARRIDO
ASOCIACIÓN SAN AMARO 
DE MENDUÍÑA , DEO GRATIAS
14 SEPT 2014

Varal: Ten sección cadrada na súa base, e vira a media altura a sección octogonal. É liso e non ten decoración nin figuras.  

Capitel: De orde corintia ou composta, con tres ringleiras de follas, e volutas ou caulículos nas esquinas. 

Cruz: Ten os brazos de sección cadrada, sen adornos nos remates. 

No anverso hai unha figura de Cristo crucificado, de membros algo desproporcionados, cos brazos paralelos aos brazos da cruz e a cabeza inclinada á esquerda. Non ten cartela. 

No reverso hai unha imaxe da Virxe das Angustias, sobre un pequeno pedetal, coa cabeza cuberta co manto e as mans en actitude orante. 

Estado de conservación: Bo. 

Outras informacións: Este cruceiro pertenceu a Manuel Jesús García Garrido, que foi reitor da Universidade de Compostela entre 1968 e 1972, e estivo uns 50 anos no xardín da súa casa na praia de Menduíña. En 2014 foi doado polo propietario e colocado mirando ao mar no Miradoiro do Outeiro, que fora acondicionado e axardinado no 2010.  

Nos penedos arredor do cruceiro hai varias placas conmemorativas. 

Información recollida por: 

Alexandre C. de C. (2º ESO B). 

08 marzo 2024

Cruceiro da ermida de San Amaro

Nome: Cruceiro da capela de San Amaro. 

Parroquia: Aldán 

Lugar: Menduiña- Os Carballiños. 

Rúa ou camiño: Rúa de San Amaro. 

Está no adro da ermida de San Amaro. 

Basamento: Non ten. Esá instalado sobre unha rocha que aflora no chan. 

Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular, moi baixo, case a rentes do chan. 

Varal: Ten unha basa formada por un prisma simpre cos cantos superiores biselados. O fuste mide arredor de 1'5 metros e ten forma de tronco de pirámide, de sección rectangular, mais ancho por abaixo que por arriba,. Na parte frontal e na posterior está esculpido en relevo unha pilastra moi simple. Na parte inferior, na base da pilastra, hai unha inscripción coa data da cruz: 
AÑO 
1981

Cruz: Non ten capitel. O traveseiro repousa directamente dobre o varal. Os brazos teñen rección octogonal, cos remates cadrados. Non ten figuras. 

Estado de conservación: Bo. 

Información recollida por: 

Alexandre C. de C. (2º ESO B). 

07 marzo 2024

Cruceiro do camposanto de Aldán

Nome: Cruceiro do Camposanto de Aldán

Parroquia: Aldán.

Lugar: San Cibrán. 

Rúa ou camiño: Rúa Bispo Cerviño. 

Está dentro do Cemiterio parroquial de Aldán. 

Basamento: Ten un só chanzo, de planta octogonal. 

Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular, bastante alto, rematado arriba e abaixo por molduras. Non ten inscripción nin decoración. 

Varal: Ten unha basa de forma cadrada, formada por unha moldura simple. 
O varal ten sección octogonal no seu centro e cadrada nos extremos superior e inferior. Non ten decoración e ten unha altura aproximada de 1'5 metros. 

Capitel: O capitel é de orde dórica, e de forma cadrada, Está separado do fuste por un colarete amplo de sección cadrada.   

Cruz: É unha cruz grega patada (cos extremos máis anchos que o centro), elevada sobre o capitel con un pé de sección cuadrangular. Non ten figuras. 

Estado de conservación: Bo. 

Outras informacións: O cemiterio de Aldán construiuse entre os anos 1894 e 1904, no que se remataroon as obras e pasou a depender co Concello de Cangas. 

Diante do cruceiro, separado un par de pasos, hai un pousadoiro para pousar o cadaleito e rezarlle o responso ao defunto antes do enterro. 

Información recollida por: 

Alexandre C. de C. (2º ESO B). 

06 marzo 2024

Cruceiro da Pereiriña

Nome: Cruceiro da Pereiriña

Parroquia: Coiro. 

Lugar: Espírito Santo

Rúa ou camiño: Rúa da Pereiriña 11 

Basamento: De planta cadrada e de dous chanzos.  

Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular. Na cada frontal hai unha cartela cunha inscripción en altorrelevo coa data, que di: 

ANO 2001 

Varal: Ten unha basa redonda, cunha moldura cóncava ou escocia na parte superior. O varal é de sección octogonal, liso e sen figuras, e de uns dous metros de altura. 

Capitel: O capitel ten forma de tronco de pirámide invertido, e está figurado polas catro caras con rostros de anxos sobre as alas abertas.    

Cruz: Ten os brazos de sección octogonal, cos extremos rematalos en pétalos (cruz florenzada). 

Diante da cruz hai un Cristo ben proporcionado, co rostro inclinado á esquerda, o cabelo longo e os brazos paralelos á cruz. Sobre a súa cabeza campa a cartela co INRI. 

No reverso, hai unha figura da Virxe do Carme, coa cabeza coroada, sostendo un escapulario na man dereita e levando un neno Xesús bastante desproporcionado no brazo esquerdo. 

Estado de conservación: Bo. 

Outras informacións: Segundo o propietario da casa na que está o cruceiro, mandárono facer a un canteiro de Pontevedra. 

Información recollida por: 

Alexandre C. de C. (2º ESO B). 

05 marzo 2024

Cruceiro do Castrillón.

Nome: Cruceiro do Castrillón. 

Parroquia: Coiro. 

Lugar: O Castrillón. 

Rúa ou camiño: Rúa do Castrillón 2. 

Está na encrucillada entre a Rúa do Castrillón e a Rúa Faroleira, que conduce ao Cemiterio de Coiro. 

Basamento: Ten un só chanzo, de planta cadrada. 

Pedestal: Ten forma irregular, redondeado na metade inferior, e cadrado na superior. É liso, sen inscripcións nin decoracións. 

Varal: Ten sección cadrada na base e logo vólvese octogonal. Ten unha altura duns dous metros. 

Capitel: O capitel émoi sinxelo: unha simple moldura cadrada, sen máis adornos, sobre o varal. 

Cruz: Ten os brazos de sección cadrada, lisa e sen adornos. Na parte frontal ten un Cristo tallado de xeito bastante naturalista e proporcionado, cos brazos extendidos en forma de V e as pernas despegadas da cruz. Non ten cartela co INRI. Tanto a cruz como o Cristo están policromados. 

A curz é desproporcionadamente pequena en comparación co groso e altura do fuste. 

Estado de conservación: Bo. 

Outras informacións: O cruceiro sinala o camiño que leva ao Cemiterio de Coiro, que foi construido entre 1908 e 1910.  

Información recollida por: 

Alexandre C. de C. (2º ESO B). 

03 marzo 2024

Cruceiro do Seixo

Nome: Cruceiro do Seixo

Parroquia: Darbo.

Lugar: O Seixo. 

Rúa ou camiño: Rúa do Piñeiro 3. 

Está no patio traseiro da Biblioteca Pública de Darbo. 

Basamento: Ten planta cadrada e tres chanzos, o primeiro case soterrado. 

Pedestal: Ten forma de prisma moi baixo, de planta cadrada e cos cantos biselados. 

Varal: Liso, sen decoración, de sección redonda e de algo máis de un metro de altura. 

Capitel: O capitel é de orde dórica, sinxelo e sen decoración. Está separado do fuste por un amplo colarete remarcado cunha moldura cilíndrica.    

Cruz: Ten os brazos de sección cadrada, lisa e sen figuras. Na intersección dos dous traveseiros hai un círculo, ao xeito das cruces celtas.  

Estado de conservación: Bo. 

Outras informacións: Non ten data. 

Información recollida por: 

Antón B. L.  (2º ESO B). 

01 marzo 2024

Cruceiro da Graña.

Nome: Cruceiro da Graña. 

Cruceiro da Virxe. 

Parroquia: Coiro. 

Lugar: A Graña.

Rúa ou camiño: Rúa da Graña 73

Basamento: Ten un só chanzo, de planta cadrada. 

Pedestal: Ten forma de prisma cadrangular. Na cada frontal hai unha inscripción que di: 

ANTE LA PRESENCIA
DEL SEÑOR Y DE LA 
VIRGEN STMA. EUGE
NIO NUÑEZ MARTINEZ
LEVANTÓ ESTE MONU
MENTO EL 3-9-1990  

Varal: Ten sección cadrada na base e logo vólvese octogonal en case todo o seu longo. 

A cara frontal do fuste está decorado con relevos dos instrumentos da paixon de Xesucristo. De abaixo a arriba, na base (cadrada) hai un gran cáliz ou Grial. Despois unha columna cun azoute enrolado arredor, en alusión á flaxelación de Cristo. Sobre esta, en paralelo, a lanza de Longinos e a vara coa esponxa de vinagre. Enriba hai cruzados un martelo e uns tenaces aludindo ao cravamento e ao desencravo na cruz. 

Capitel: O capitel é un bloco prismático simple, separado do fuste por un colariño  en forma de moldura cilíndrica. Na parte frontal seguen en relevo os instrumentos da paixon, de esquerda a dereita, a cartela co INRI, a coroa de espiñas e os tres cravos. As outras caras están lisas.   

Cruz: Ten os brazos de sección cadrada, lisa e sen adornos. Do traveseiro colga, en cada brazo, un suario ou un pano de pureza. 

Diante da cruz, e pousada no amplo capitel, hai unha imaxe da Virxe da Piedade. Sostén no colo o Corpo de Xesucristo, coa cabeza cara a esquerda. Leva a cabeza cuberta co manto, e sobre o peito hai un corazón atravesado por sete espadas, en alusión ás sete dores. 

Estado de conservación: Bo.  

Información recollida por: 

Alexandre C. de C. (2º ESO B).